Galicia100. Obxectos para contar unha cultura é un programa de divulgación do Consello da Cultura Galega que busca difundir a historia e a cultura de Galicia a través dunha selección de cen pezas desde o Paleolítico ata os anos 90 do século XX.
Explora os cen obxectos nesta aplicación, acompañados de fotografías, vídeos, animacións e recreacións en 3D. Emprega a aplicación na visita guiada á exposición e non te esquezas de valorar as pezas!